Xa se pode solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais en Monforte
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que todas as entidades deportivas e clubs de Monforte xa poden solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante a tempada 2024 - 2025.
En particular poderán presentar solicitude as asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2024 - 2025, clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2024 - 2025 organizada por algunha das federacións deportivas Galegas ou Españolas; e clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións que organicen algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2024 - 2025.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web do Concello, sendo o derradeiro día para a presentación o 1 de agosto de 2024.
Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.
Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo Regulamento de uso, reserva e aluguer de instalacións deportivas municipais do Concello de Monforte de Lemos que foi publicado no BOP No 190 do xoves 20 de agosto de 2020.