Xa está aberto o prazo para participar no X Concurso de Carteis da XX Feira Tradicional de Rubián 'Outrora'
O Concello de Bóveda convoca o X Concurso de Carteis da XX Feira Tradicional de Rubián 'Outrora', que se vai celebrar o 14 de xullo, polo que o tema será a propia feira, na que se recrea un mercado tradicional galego de finais do séxulo XIX ata mediados do século XX.
O texto deberá incluír: XX FEIRA “OUTRORA” RUBIÁN. BÓVEDA 14 DE XULLO DE 2024.
Os traballos poderán presentarse ata o vindeiro 20 de xuño tanto en tamaño orixinal, en 42 cm x 59 cm en posición vertical, baixo un lema ou pseudónimo que figurará escrito na parte posterior do cartel acompañado dun sobre pechado; como por correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeboveda.com.
O gañador recibirá un premio de 400 euros e será a imaxe da feira, para iso será elixido por un xurado, composto pola concelleira de Cultura e outras persoas que ela designe e se saberá o gañador na última semana de xuño.
Os carteis presentados poderán ser obxecto de exposición ou reprodución por parte do Concello de Bóveda, sen que iso supoña dereito a retribución algunha para as persoas concursantes. O traballo da persoa gañadora sera a imaxe da Feira Outrora 2024 e todos os carteis quedarán en propiedade do Concello de Bóveda.