Villaoscura, en Sober, celebra as súas festas patronais

RibeiraSacraXa
A parroquia de Villaoscura, no concello de Sober, celebra esta fin de semana as súas festas patronais. Os dñias 2, 3 e 4 de setembro
vilaescura igrexa
2 Sep 2022

Esta fin de semana a parroquia de Villaoscura está en festas, os días 2, 3 e 4 de setembro.

Para hoxe ás 21.30 está previsto que se celebre unha pancetada popular e a continuación actuará o DJ Fuentes.

Maña sábado día 3 haberá misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú co Grupo Aplauso e xa pola noite, a partir das 20.00 horas actuará de novo o Grupo Aplauso e o Grupo Sindicato Verbenero.

O domingo día 4 celebrarase a tradicional misa ás 13.30 horas e haberá sesión vermú co Dúo Enclave. Ás 19.00 horas a festa de tarde estará amenizada de novo polo Dúo Enclave. Neste fin de festa os asistentes poderán desfrutar dunha gran chocolatada popular.

festas villaoscura sober
0.16689705848694