Vilachá de Salvadur e Óutara celebran as súas festas esta fin de semana
As parroquias de Vilachá de Salvador e de Óutara, ámbalas dúas no Concello da Pobra do Brollón, celebran as súas grandes festas esta fin de semana.
Pola parte de Vilachá de Salvadur, comezan este venres, 2 de agosto ás 21.00 horas cunha gran pancetada e baile co grupo La Conexión e no descanso haberá un sorteo de rifas para un xamón e un estuche de viño Bodega Acivro; mentres que o sábado 3 haberá pasarrúas co grupo Os Menistreles, misa ás 13.00 horas e sesión vermú e á noite, ás 22.00 horas, festa co Dúo Sabor Latino.
Pola súa parte, en Óutara, serán as festas na honra á Virxe do Camen, comezando o sábado 3 cunha gran pancetada e verbena co solista Paco. O domingo haberá misa cantada polo Coro Sarricanta e sesión vermú coa Banda das Nogais, finalizando o día con Son de Festa. Xa o día 5, luns, haberá misa solemne e sesión vermú e orquestra pola tarde noite coa orquestra JB Son.