Varios campos de fútbol de Sober están sendo mellorados para que os equipos comecen mellor a tempada

RibeiraSacraXa
Os campos de fútbol de Centeás e A Carqueixa de Sober están sendo mellorados por parte do Concello de Sober, onde xogan os equipos Río Sil e o Sober.
campo futbol sober
5 Ago 2023

Os campos de fútbol de Centeás e A Carqueixa de Sober están sendo mellorados por parte do Concello de Sober, onde xogan os equipos Río Sil e o Sober. As actuacións consisten, entre outros traballos, en sementar de céspede os dous estadios.

Os traballos, que contan con máis de 100.000 euros de presuposto, están financiados con fondos municipais e dúas axudas da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, unha través da Secretaría Xeral para o Deporte e outra concedida pola Dirección Xeral de Administración Local destinada a aforro enerxético.

Melloras

Entre as melloras previstas nos dous campos, vaise mellorar o terreo de xogo cun tratamento específico para eliminar malas herbas, con escarificado do terreo e sementado.

Por outro lado, vanse colocar novos bancos para os xogadores e farase a instalación de alumeado LED de última xeración, tanto no exterior como no interior das distintas instalacións.

Tamén serán colocadas bombas de calor para substituír os termos eléctricos, o que suporá mellores prestacións e menor consumo. O rexedor, Luis Fernández Guitián, destaca que se trata dunhas obras “necesarias” que amosan o compromiso do Goberno local co deporte e cos equipos de fútbol de Sober.

0.041863203048706