Unha unidade móbil da ADOS estará esta tarde en Bóveda

RibeiraSacraXa
Unha unidade móbil da ADOS estará esta tarde en Bóveda
doar sangue portada
7 Mar 2023

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chega a Bóveda para que as persoas que queiran poidan pasarse pola unidade móbil e doar sangue.

En concreto, a unidade móbil da ADOS estará en Bóveda fronte ao concello de 16.30 horas a 18.00 horas e na parroquia de Rubián desde as 19.00 ás 21.00 horas.

Desde a Axencia lémbrase que para doar sangue hai que pesar máis de 50 kg non ter comido nada dúas horas antes da doazón.

Ademais, hai que levar o DNI ou tarxeta de doazón e avisar de se se tomou algún medicamento.

0.16371917724609