Unha nova edición do Conservatorio na rúa terá lugar durante esta tarde en Monforte
O Concello de Monforte organiza, a través do Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez, unha nova edición da xornada Conservatorio na rúa. Terá lugar esta tarde entre as 19.00 e as 20.30 horas entre as rúas Cardenal e Hermida Balado.
Este evento desenvolverase ao aire libre localizando nestas rúas peonís puntos musicais con distintos instrumentos. Participarán alumnos e alumnas, así como profesores e profesoras do Conservatorio monfortino.
“Con esta mostra musical ao aire libre pretendemos dar a coñecer a actividade que se realiza no conservatorio dun xeito distinto ao habitual, máis aberto e público. Procurando a formación integral do alumnado e intentando crear ao mesmo tempo un ambiente musical nestas céntricas rúas” salienta o alcalde, José Tomé Roca.