Unha hora sen ruído nin música para as persoas máis sensibles nas Festas de Monforte

RibeiraSacraXa
Esta acción é un compromiso directo do rexedor, que mantén ano a ano coas persoas que se vén afectadas por este tipo de elementos sonoros
atraccións-Monforte
12 Ago 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que, como cada ano, as atraccións feirais das Festas Patronais de Monforte permanecerán sen ruído e sen música, en solidariedade cos nenos e nenas, e tamén con persoas de todas as idades, aos que lles afecta a música e os ruídos propios destes elementos de ocio.

Deste xeito, durante os 6 días de celebración das Festas Patronais, do 11 ao 16 de agosto, durante unha hora, concretamente de 19.00 a 20.00 horas, todas as atraccións feirais silenciarán a súa música co obxecto de que estes nenos e nenas poidan disfrutar das atraccións sen a chamativa música que as caracteriza, polo tanto podelo facer con tranquilidade.

Esta acción é un compromiso directo do rexedor, que mantén ano a ano coas persoas que se vén afectadas por este tipo de elementos sonoros característicos das Festas, ao igual que ocorre en outras moitas cidades.

0.12895488739014