Unha alumna do CPR Belarmino Fernández Iglesias, segundo premio no III Torneo de "Novos Talentos" de coctelería creativa

RibeiraSacraXa
Trátase de Isadora Calaça Souza, que quedou segunda neste certame organizado pola Asociación Galega de Barmen (AGABA)
Isadora Calaça Souza, imaxe cedida por AGABA
Isadora Calaça Souza, imaxe cedida por AGABA
28 Nov 2024

O pasado día 21 de Novembro tivo lugar no CIFT Compostela o III Trofeo “Novos Talentos” de coctelería creativa organizado pola Asociación Galega de Barmen (AGABA).

Isadora Calaça Souza, alumna do Ciclo Formativo de Grao Medio de Servizos en restauración do CPR Belarmino Fernández Iglesias de Sober, obtivo o segundo premio neste certame, que contou cun total de 15 participantes.

Isadora presentoulle ao xurado un cóctel baixo o título de “Sol de Mandarina” que, tal e como ela mesma explica, “é un cóctel fresco , elegante e tradicional , inspirado no clásico Margarita”.

Esta foi a súa primeira participación nun concurso deste tipo e dende o CPR Belarmino Fernández Iglesias destacan que “é unha boa experiencia persoal e profesional para a nosa alumna pero tamén é un recoñecemento para o noso Centro xa que tratamos de ofrecer unha formación integral de calidade ao noso alumnado”.

0.17672204971313