Un faladoiro sobre a acción do comercio do carbono na paisaxe do Courel terá lugar o venres

RibeiraSacraXa
O Concello de Folgoso do Courel acolle un novo faladoiro dentro do proxecto "Paisaxes Intelixentes", co obxetivo de contribuir a recuperación da paisaxe no Courel este venres, 24 de novembro.
Paisaxes intelixentes
22 Nov 2023

O Concello de Folgoso do Courel acolle un novo faladoiro dentro do proxecto "Paisaxes Intelixentes", co obxetivo de contribuir a recuperación da paisaxe no Courel este venres, 24 de novembro.

A xornada, que se desenvolverá na propia casa consistorial de 19.00 a 21.00 horas, abordará o comercio de carbono e como as agrupacións de propietarios forestais poden axudar a unha mellor xestión e maior rendabilidade do monte.

Esta charla, baixo o nome de 'As agrupacións forestais e o comercio de carbono como apoio na rexeneración dos montes do Courel', contará coa presenza de Ramón Vila Anca, da Asociación Forestal de Galicia, está encadrada no proxecto de cooperación Leader que coordina o GDR Ribeira Sacra - O Courel xunto coa Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, o GDR Terras de Compostela, o GDR Costadamorte e a Asociación Deloa.

Faladoiro Paisaxes Intelixentes O Courel
0.19469213485718