Últimos días para solicitar as axudas para a adquisición de libros e material escolar no Concello de Monforte

RibeiraSacraXa
Xa se poden desfrutar dos paseos en barca polo río Cabe de Monforte ata finais de setembro para as persoas interesadas
centro civico monforte lemos
12 Sep 2023

O Concello lembra á veciñanza que o prazo para recoller os bonos de axuda ás familias para a adquisición de libros e material escolar, remata este xoves 14 de setembro.

Para estas axudas, o equipo de Goberno destinou 25.000 euros para a adxudicación de 182 solicitudes de bonos axuda á familias de Monforte, un número similar ó de 2022, que poderán adquirir este material escolar para o curso 2023/2024 nas librarías da cidade.

O Concello mantén o seu compromiso co investimento en política social, sendo así sensible ás necesidades das familias, pois “en previsión do aumento da demanda deste tipo de axudas, dende o equipo de Goberno decidimos incrementar en algo máis de 5.000 euros as axudas para o ano 2022, alcanzando os 25.000 euros, cifra que mantemos en 2023”, sinalou no seu día o alcalde, José Tomé Roca.

A recollida dos vales remata este xoves 14 de setembro, e poderá levarse a cabo na Secretaría do centro de Servizos Sociais do Concello emprazada no primeiro andar do centro Cívico Social (Paseo Malecón s/n). Os que non se recollan no prazo estabrecido suporán unha renuncia ós mesmos.

O Concello recorda que as familias poderán gastar os vales recollidos para adquisición do material en calquera librería do municipio de Monforte, sendo a data de caducidade dos mesmos o 20 de outubro de 2023.

0.12377595901489