Tropos, Teatro de Títeres, levará a Monforte o espectáculo 'La ratita presumida'

RibeiraSacraXa
A función terá lugar este domingo, 10 de novembro
'La ratita presumida', Tropos Teatro
'La ratita presumida', Tropos Teatro
6 Nov 2024

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó segundo trimestre deste ano 2024, cunha nova actuación este domingo 10 de novembro no Edificio Multiusos a partir das 18.00 horas.

Dentro do ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, terá lugar a posta en escena da obra para público infantil (de 3 a 10 anos) 'La ratita presumida', da compañía Tropos, Teatro de Títeres, obra composta por Charles Perrault, dirixida por Eduardo Guerrero e coa interpretación de Patricia Arroyo e Guillermo Gil.

A obra terá un prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para nenos, estudantes, desempregados e xubilados.

Sinopse

O amor non se pode escoller. As veces chega e logo vaise. As veces quédase para sempre e as veces non o atopas nunca. Outras, o tes tan preto que nin o ves.

A ratiña Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina atopa unha moeda e decide comprarse un lazo na mercería do seu amigo Martín. e está tan guapa que comezan a choverlle pretendentes.

O Señor Pato, Don Sapito, Don Gato… ¿cal será a mellor elección?. A ratiña non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida.

Unha divertidísima versión do coñecido conto tradicional chea de cancións e retahílas infantís.

Novas datas

A seguinte obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, para público adulto, será 'Soños', da compañía Arte Feito, que terá lugar o xoves 21 de outubro no Edificio Multiusos ás 20.15 horas, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

0.20027613639832