A Pobra de Trives conta cun novo Punto Limpo Móbil respectuoso co medio ambiente

RibeiraSacraXa
O Concello vén de incorporar un vehículo 100% eléctrico para facilitar a recollida sostible grazas a unha subvención de preto de 70.000 euros a través do Plan de Recuperación, transformación e Resiliencia
trives-punto-limpo-mobil-electrico
27 Feb 2025

O Concello da Pobra de Trives vén de poñer en marcha un novo Punto Limpo Móbil, cun vehículo 100% eléctrico para facilitar a recollida sostible de aparellos eléctricos, pilas, baterías, fluorescentes, envases contaminantes, pequenos mobles, etc.

A incorporación deste novo vehículo sustentable foi posible grazas a unha achega procedente do Goberno de España a través do Plan de Recuperación, transformación e Resiliencia, con un investimento de 69.802,43 euros.

Dende o Concello informan de que actualmente estase a ultimar o regulamento para garantir un uso eficiente e sostible e que proximamente informarase dos horarios e as localizacións do novo Punto Limpo Móbil.

⚙ Configurar cookies
0.67583012580872