Tres escritores de Pantón protagonizarán unha charla sobre as súas obras este venres en Ferreira
RibeiraSacraXa
Tres escritores de Pantón protagonizarán unha charla sobre as súas obras este venres en Ferreira de Pantón
30 Maio 2023
Este venres, 2 de xuño, terá lugar en Pantón unha xuntanza con escritores pantoneses, que contará con tres autores: Santiago B. Suárez, Andrea Micc e Francisco Ruiz.
Esta iniciativa está enmarcada nas XXXIV Xornadas da Rota do Románico do Concello de Pantón e que foron inauguradas o martes, 23 de maio, no mosteiro cisterciense de Ferreira e que inclúen varias actividades desde o 27 de maio ata o 2 de xullo.
Así, os autores dos tres libros 'He visto cosas', ‘Crónicas de Vánusum I. El reino de los reinos’ e 'La gloriosa tragedia de Rande' presentarán as súas obras ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira.