Tomé despide aos 75 atletas monfortinos que participarán esta semana nos Xogos do Eixo en Maia
José Tomé Roca estivo a primeira hora da mañá deste 4 de xullo coa representación monfortina que partiu cara á cidade portuguesa de Maia para participar nos XIV Xogos do Eixo Atlántico, entre o 4 e o 9 de xullo.
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e o Técnico de Deportes, Óscar Rodríguez, despediu dende as Casitas, á representación monfortina que participará nos XIV Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran en Maia entre o 4 e o 8 de xullo.
O alcalde animou os deportistas ós que desexou “sorte e ánimo nas súas competicións, para que acaden os maiores éxitos para Monforte, pero sobre todo que disfruten desta experiencia, e que non sufran lesións”.
José Tomé tamén desprazouse ata Maia para participar na reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, e para asistir á inauguración dos Xogos, pola tarde.
XIV Xogos do Eixo Atlático
Este evento, que se organiza cunha periodicidade bianual, está dirixido fundamentalmente á promoción do deporte e á convivencia entre xóvenes dos Concellos e Camaras Municipais que forman parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Trátase dun evento transfronteirizo, único en Europa, que se ven realizando dende o ano 1995 e que contará nesta décimo cuarta edición cunha participación de mais de 2.000 atletas.
Un total de 75 persoas forman parte da representación monfortina e participarán en 5 modalidades deportivas, fútbol sete masculino, voleibol femenino, baloncesto masculino, e atletismo e natación masculino e feminino.
Son os clubs e entidades deportivas do Concello de Monforte os que nutren de deportistas cada un dos equipos; así o Club de Atletismo A Gándara e o Club Natación Monforte encárganse de facer a selección de atletas para as modalidades de atletismo e natación respectivamente, o Club Korbis e o Club de Voleibol Ribeira Sacra aportan deportistas para a selección de voleibol, o C.P. Calasancio e o C.F. Monforte o fan para a selección de fútbol sete y o C.B. Val de Lemos encárgase da selección de baloncesto.
En canto á organización da competición, esta terá lugar entre o martes 5 e o venres 8 de xullo. As modalidades individuais de atletismo e natación celebraranse o martes 5 de xullo, e as modalidades de voleibol, fútbol e baloncesto celebrarán a fase de grupos entre o martes 5 e o xoves 7 pola mañá, e os cruces e fases finais entre o xoves 7 pola tarde e o venres 8. A ceremonia de apertura dos xogos terá lugar o luns 4 a partir das 15:45 (hora local) e consistirá nun desfile de todas as delegacións participantes que finalizará na praza do municipio.
Na última reunión do Grupo Temático de Deportes celebrada o pasado 23 de xuño, tivo lugar o sorteo de grupos de cada unha das modalidades deportivas de equipos. Así na modalidade de voleibol o Concello de Monforte queda encadrado no grupo A, xunto coas seleccións de Vila Nova de Famalicao, Viana do Castelo, Pontevedra e Gondomar. Na modalidade de fútbol o Concello de Monforte queda encadrado no grupo C xunto con Vila Nova de Gaia, Peso da Régua, Ponteareas e Maia. Na modalidade de baloncesto o Concello de Monforte competirá no grupo C contra Maia, Braga, Pontevedra e Vila Real.