Taboada, Ourense e Caldas de Reis acollerán este sábado os Campionatos Provinciais Escolares de Taekwondo

Este sábado 10 de maio desenvolveranse os campionatos escolares de Taekwondo das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense, nos que participarán máis de 1.300 taekwondistas.
A maioría dos competidores e competidoras o farán na modalidade de Técnica, con 1.050 anotados. En Exhibición hai un total de 244 nenos e nenas inscritos, e 28 en Freestyle. En Técnica competirase en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete en individual, parella e trío, mentres que en Freestyle e Exhibición somentes haberá categoría infantil e cadete.
O escolar de Pontevedra celebrarase no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, organizado polo Club Número Phi, mentres que o de Lugo terá lugar no Pavillón Municipal de Taboada, baixo a organización do polo Club Neka. Pola súa banda, o de Ourense será na pista central do Pavillón dos Remedios, organizado polo Club Couto. As entrega de medallas será ás 12.00 horas en Lugo e Ourense e ás 12.30 horas en Pontevedra.
Todas as competicións están supervisadas pola Federación Galega de Taekwondo, e contan coa colaboración da Xunta de Galicia e dos concellos que as acollen. En todos os casos a entrada é de balde.