Taboada festexa este xoves o Samaín cunha ruta "terrorífica"

RibeiraSacraXa
Tamén haberá actividades dirixidas aos pequenos e pequenas da vila
taboada-terrorifica
Cartel 'Taboda Terrorífica'
28 Oct 2024

A Área de Cultura do Concello de Taboada presenta as actividades do Samaín 2024, que terán lugar o 31 de outubro e que estarán dirixidas tanto aos adultos como ao público infantil.

Pola súa banda, o público familiar contará con actividades dende as 17.00 ata as 19.00 horas no Centro Cívico, que rematarán cunha chocolatada popular.

A partir das 20.30 até as 22.00 horas, os veciños e veciñas de Taboada poderán gozar dun magosto popular no Centro Cívico con varios petiscos, castañas asadas e bebida. Ás 22.00 horas comeza o 'Taboada Terrorífica', unha ruta do terror co método tradicional dos xogos de xincanas, onde os grupos terán que percorrer os recunchos da vila para chegar sans e salvos ao punto de saída. Os interesados poderán anotarse nesta actividade a partir deste mesmo luns, 28 de outubro.

0.14555191993713