Sete alumnos do IES A Pinguela de Monforte, entre os mellores expedientes de Galicia

RibeiraSacraXa
Foron convocados ó acto de recoñecemento MEGABAU 2024 dos mellores expedientes de Galicia
ies_a_pinguela_mellores_expedientes
22 Xuño 2024

Sete alumnos de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela foron convocados ó acto de recoñecemento MEGABAU 2024 dos mellores expedientes de Galicia na parte xeral das ABAU. Acudiron ó acto Eva Martínez, Sara González, María Martín, Nuria Martínez, Julia Pérez, Juan R. Carballo . Gabriela Corral escusou a ausencia.

Dende o IEA únense as felicitacións que recibiron do Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, e dos reitores das tre universidades galegas (Ricardo Cao, da UDC, Antonio López, da USC, e Manuel Reigosa, da UVigo)  e a alcaldesa da Coruña e o presidente da CIUG. Todos coincidiron ó sinalar que no Coliseum da Coruña estaba o mellor talento de Galicia do seu curso.  Rematouse coa actuación dun grupo musical.

Dende o centro están moi satisfeitos do resultado das ABAU tamén en 2024 e desta promoción de 2º de Bacharelato. Dos 42 alumnos que superaron as probas (96 % de aprobados), sumando as materias específicas, 14 alumnos superan o 12 (a terceira parte dos presentados), dos que 3 están amplamente por encima do 13, o que permite visualizar o esforzo desenvolvido durante estes dous anos.

0.18772792816162