Segredos de Pantón organiza unha actividade para percorrer a Ruta do Contrabando

RibeiraSacraXa
A actividade desenvolverase o vindeiro domingo, 11 de agosto, con saída desde a praza de Luintra
Segredos-de-Pantón-ruta
1 Ago 2024

Segredos de Pantón organiza unha actividade para o vindeiro domingo, 11 de agosto, na que se levará a cabo a Ruta do Contrabando.

Desta maneira, as persoas interesadas en participar deberán apuntarse a través do correo segredosdepanton@gmail.com ou nos teléfonos 673 221 241 ou no 662 669 223 para comezar a ruta ás 8.30 horas na praza de Luintra xunto á igrexa.

A ruta, que é de dficultade media, terá unha lonxitude de 16 kms nos que se percorrerá o Concello de Nogueira de Ramuín da man da asociación Móvete por Nogueira para descubrir a contorna do Miño e do Sil.

0.17142987251282