Rotundo éxito do Quiroga Trail Challenge con máis de 1.300 participantes

RibeiraSacraXa
A vila e o Geoparque Montañas do Courel convertirónse durante o sábado e o domingo no epicentro nacional do trail running
QUIROGA TRAIL14
9 Maio 2022

O Quiroga Trail Challenge resultou un rotundo éxito de organización e participación, congregando durante a fin de semana a máis de mil trescentos participantes na vila e no Geoparque Montañas do Courel. A competición dividiuse en dúas xornadas, celebrándose o sábado o Trail do Castelo e o domingo o Trail do Lor.

TRAIL DO CASTELO

As extremas condicións meteorolóxicas pola intensa calor para practicar un deporte tan duro e esixente como o trail running marcaron a xornada do sábado. Pese a iso, o Trail do Castelo reuniu a 1.100 corredores chegados dos máis diversos puntos da xeografía nacional para participar nalgunha das cinco distancias que ten este evento: Andaina non competitiva de 16 kilómetros, Minitrail de 15 kiómetros, Trail de 25 kilómetros, Maratón de 42 kilómetros e Ulta de 68 kilómetros.

Na distancia Minitrail Aythami Lopez foi o máis veloz cun tempo de 1 hora 30 minutos, seguido a apenas dous minutos por Antonio Liébanas. En terceira posición entrou Chema Quintián, cun tempo de 1 hora 37 minutos. En féminas, a gañadora foi Benigna Toirán, quen fixo un tempo de 2 horas e 9 minutos, seguida de Sandra Fernández con 2 horas 15 minutos e en terceira posición rematou Maite Salgado con 2 horas e 18 minutos.

En la distancia Trail de 25km Marcos Naya fixo un tempo de 2 horas 18minutos, seguido de Elpidio Gómez (02h19) e en terceira praza acabou Miguel Vázquez (02h25). En categoría feminina, María Ferreiro firmou unha marca de 2horas e 58 minutos, seguida de Beatriz Álvarez (03h11) e Alina Cimpean (03h22).

No maratón, Iñaki Gonzalez gañou cun tempo de 4 horas e 51 minutos, con Jorge Querentes (04h51) na segunda praza e Juan Jesús Barral (05h00) na terceira. En féminas, Angels Llobera logrou o triunfo cun crono de 5 horas e 49 minutos , seguida de Juncal Díaz (05h56) e Montserrat Vázquez (06h11).

Na distancia reina, o Ultra de 69km, o incombustible Fernando Arca acadou o triunfo (08h34), seguido de Rubén González (08h41) e Jose Manuel Gil (08h55). Na categoría feminina, Begoña Pacio logrou a victoria (10h34)  seguida de Alejandra Seoane (10h43).

TRAIL DO LOR

Para o domingo quedou a segunda etapa do Quiroga Trail Challenge, o Trail do Lor, no que se deron cita máis de 700 participantes, moitos deles repetindo tras competir xa o sábado.

Na distancia de 15km o gañador foi Aythami López e a gañadora Andrea Trepat. Mentres,  Martín Fontán e María Ferreiro impuséronse na distancia de 27km.

VENCEDORES DO CIRCUITO

Nas clasificacións do circuito, que puntuaban os percorridos do Trail do Castelo e do Trail do Lor, en MiniTrail o canario Aythami López e Sandra Fernández subiron ao máis alto do podio. No circuito Trail os máis rápidos foron Cristopher Fernández dende Asturias  e a gallega María Ferreiro. Jorge Querentes do Tribu Trail e  Juncal Díaz venceron no circuito maratón. Na clasificación do circuito Ultra, Jose Manuel Gil e Ana Caýon lograron o primeiro posto.

0.23094010353088