Ribas de Sil ofrece un curso de auto defensa ás mulleres do concello

RibeiraSacraXa
Ribas de Sil ofrece a las mujeres del ayuntamiento un curso de auto defensa ante situaciones violentas. Será el día 18 de diciembre.
curso auto defensa becerrea
13 Dec 2021

O Concello de Ribas de Sil organiza un curso de Auto defensa para mulleres antes situacións violentas. Esta actividade terá lugar o día 18 de decembro de 10.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Este curso monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ten como obxectivo aumentar a autoestima e seguridade da muller, eliminando o medo e elevando a confianza en si mesma. Tratarán de interiorizar hábitos realistas de prevención, aprenderán a utilizar técnicas de defensa persoal, sinxelas, contundentes e accesibles para defenderse dunha agresión, asesorarán e orientarán á muller, poñendo en práctica situacións reais de perigo, prepararando física e psicoloxicamente á muller ante unha agresión, tamén se traballarán técnicas de mantemento de calma.

O que se pretende é xerar un instrumento de formación que comprenda un conxunto de coñecementos, actitudes, pautas e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións.

Non se quere ensinar a pelexar. O fin é poder escapar desas situacións ilesas ou co menor dano posible, para despois utilizar as vías legais de protección e denuncia.

As inscricións faranse a través do número de teléfono 982 428 237 en horario de 8.30 a 15.00 horas.

curso auto defensa ribas sil
0.1639769077301