Ribas de Sil acolle unha nova Feira de oportunidades da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque

RibeiraSacraXa
A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel celebra unha nova Feira de oportunidades, coa colaboración dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil estes 2 e 3 de marzo.
Feira de Oportunidades Quiroga
2 Mar 2024

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel celebra unha nova Feira de oportunidades, coa colaboración dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil estes 2 e 3 de marzo.

Nesta ocasión a feira, que ten por finalidade fomentar as compras no pequeno comercio, desenvolverase no pavillón municipal de San Clodio e alí poderase desfrutar de todas as ofertas dispoñibles nos diferentes sectores comerciais participantes, que engloban pequenos electrodomésticos, roupa e calzado, coidado persoal, produtos típicos da zona, agricultura, librería, artesanía, telefonía, alimentación e xoiería.

O pavillón estará aberto ao público polas mañás dende as 10.00 horas ata as 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, tanto o sábado como o domingo. Ademais, haberá ludoteca e xogos para nenos entre as catro e media e as seis e media os dous días; e talleres de macramé para adultos coa elaboración dun bolso ou un tapiz para principiantes.

0.19608211517334