Ribas de Sil acolle un curso sobre acoso escolar e ciberacoso

RibeiraSacraXa
Este curso, que está deseñado para axudar a identificar e combater o acoso en contornas físicas e dixitais, forma parte do Plan Corresponsables
colexio-San-Clodio-Ribas-de-Sil
27 sep 2024

Ribas de Sil acolle un curso sobre acoso escolar e ciberacoso o vindeiro 3 de outubro a partir das 16.00 horas no salón de actos.

Este curso, que está deseñado para axudar a identificar e combater o acoso en contornas físicas e dixitais, forma parte do Plan Corresponsables e está financiado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España, a través da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Todas as persoas interesadas en participar neste curso, xa sean pais, nais, membros do centro educativo ou outras persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas municipais ou por teléfono ao 657 512 562.

0.11630010604858