Ribas de Sil acolle un curso de nutrición e alimentación consciente
RibeiraSacraXa
A iniciativa, organizada pola Federación sen ánimo de lucro e de natureza asociativa Afammer Lugo, consiste en que as persoas participantes aprendan a nutrir o seu corpo
26 sep 2024
Ribas de Sil acolle esta tarde de xoves, 26 de setembro, un Curso de Nutrición e Alimentación consciente en horario de 16.00 a 21.00 horas no salón de actos do Concello.
A iniciativa, organizada pola Federación sen ánimo de lucro e de natureza asociativa Afammer Lugo, consiste en que as persoas participantes aprendan a nutrir o seu corpo e mente de maneira consciente e saudable.
Esta formación está pensada para mellorar o benestar das persoas de Ribas de Sil a través de una alimentación máis equilibrada e consciente e é unha actividade gratuíta.