Ribas de Sil acolle diversas actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O departamento de Servizos Sociais de Ribas de Sil organiza, un ano máis, varias actividades para conmemorar o vindeiro día 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Así, durante o día de hoxe colocarase na praza do Concello o posto da campaña 'Agressions off', que ofrecerá aos veciños e veciños participar nos talleres de sensibilización e actividades lúdicas, como a parella e a igualdade, mitos sobre o amor, alerta de micromachismos, combater o sexismo dende a infancia... a nenos e adultos en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 17.00 horas.
Pola súa parte, os días 23 e 24 entregaranse produtos de merchandising aos establecenentos do municipio e colocarase unha mesa con publicidade que incluirá bolígrafos, axendas, chapas, e máis produtos. Así, o día 24 rematarase coa iluminación do Concello e a fonte, e colocarase a pancarta en lembranza de cada unha das mulleres víctimas de violencia de Xénero
Por último, o Concello organizará para o mes de febreiro un taller de defensa persoal para todas as mulleres de Ribas de Sil que quieran participar e aprender a protexerse.