Rematou o Campus de Fútbol Cidade de Monforte - R.C. Celta de Vigo
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, clausurou 18ª edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo no campo Luis Bodegas.
Durante o acto de clausura, fixéronse entrega de diplomas e agasallos a todos os participantes e participou tamén o responsable do Campus de verán da Fundación Celta, Manu Gómez, quen en nome do Club, entregou ao alcalde un libro conmemorativo do Centenario do Celta.
Este exitoso Campus, xa consolidado dentro do calendario de actividades deportivas de verán que organiza anualmente o Concello de Monforte, deu comezo o pasado 29 de xullo e contou coa participación dun total de 100 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, cubrindo así todas as prazas ofertadas.