Remata o V Campus de Voleibol de Quiroga Carolina Camino

RibeiraSacraXa
O Campus contou cunha trintena de participantes, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos
Campus-Quiroga
Campus-Quiroga
15 Xul 2024

Remata o V Campus de Voleibol de Quiroga que novamente levaba o nome da xogadora quiroguesa, Carolina Camino, coa entrega de medallas, foto de equipo e unha merenda.

O Campus, que contaba cunha trintena de participantes, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, desenvolveuse durante toda esta semana.

Entre as 10.00 e as 13.00 horas, os rapaces e rapazas practicaron este deporte nas instalacións do pavillón municipal, pero tamén tiveron a oportunidade de acudir as instalacións das piscinas municipais.

E unha vez rematado o campus de voleibol comezará o Campus de Fútbol, que xa vai pola súa XVI edición, que se celebrará entre os días 15 e 19 de xullo no campo de fútbol San Martiño e as instalacións das piscinas municipais, desde as 10.00 ás 13.00 horas.

0.2002420425415