Remata a rehabilitación da ponte medieval de Barxa de Lor, na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Rematan os traballos de rehabilitación da ponte medieval de Barxa de Lor.
restauración_barxa_do_lor5
28 Oct 2023

Rematan os traballos de rehabilitación da ponte medieval de Barxa de Lor. Trátase dun importante recurso patrimonial do século XIV da Pobra do Brollón, ademais de punto de entrada ao Concello dos peregrinos do Camiño de Inverno.

Entre os traballos realizados, retirouse a vexetación dos muros da ponte e instalouse unha nova mesa interpretativa. Ademais, tamén se colocaron dous focos LED para iluminar as dúas caras da ponte.

Deste xeito, os traballos incluíron a adecuación da ruta de sendeirismo do Ouro e do Ferro. As obras na ponte, que tamén recibe o nome de Ponte da Labrada. leváronse a cabo grazas a unha axuda concedida pola Axencia Turismo de Galicia.

0.16192317008972