Quiroga oferta clases de ioga ao aire libre

RibeiraSacraXa
Volta o Ioga o aire libre para todas aquelas persoas que desexen practicar ou iniciarse nesta disciplina física e mental.
ioga
10 Jul 2021

Volta o ioga ao aire libre en Quiroga para todas aquelas persoas que desexen practicar ou iniciarse nesta disciplina física e mental. A Concellería de Igualdade e Benestar organiza todos os martes e xoves dos meses de xullo, agosto e setembro esta actividade gratuíta entre o auditorio municipal e o colexio de educación infantil e primaria.

As clases estarán impartidas por Teresa Taboada, de Espazo Sacro, entre as oito do serán e as nove e cuarto da noite. Todas as persoas que queiran participar nesta actividade que xa comezou o pasado martes día 6 de xullo, soamente terán que achegarse levando unha esterilla e roupa cómoda.

cartel clases ioga

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13460779190063