Queda inaugurado o Belén de Monforte

RibeiraSacraXa
Queda inaugurado o Belén de Monforte pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón e elaborado por J. Antonio Dávila
Belén Monforte 2022
18 Dec 2022

O Belén deste Nadal do Concello de Monforte inaugurouse nun acto onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada e o encargado da súa elaboración, o artista J. Antonio Dávila.

Trátase dun Belén con figuras de diferentes tamaños e no que se narran diferentes escenas e aparecen diferentes personaxes relacionadas co Nacemento do neno Xesús: a Anunciación, pedindo pousada en Belén, o propio Nacemento, a visita dos Reis Magos a cabalo e dos pastores, o empadroamento, a fuxida a Exipto, comerciantes, soldados romanos, etc.

Tamén conta con toda clase de edificacións tales como o castelo de Herodes, a pousada, o forno, a ferrería, ou o propio Portal do Nacemento.

A montaxe ideada por J. Antonio Dávila ten efectos lumínicos que simulan o día e a noite, así coma fontes e unha fervenza de auga.

O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar ata o ó 8 de xaneiro de 2023. e o alcalde e o seu Equipo de Goberno convidan a todos os monfortinos e monfortinas a visitar e disfrutar deste Belén, que se inclúe dentro do Programa de Nadal de Monforte.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17179989814758