Piñeira, en Taboada, celebra as súas grandes festas esta fin de semana
RibeiraSacraXa
A parroquia de Piñeira, no concello de Taboada, celebra as súas grandes festas esta fin de semana. Os días 23, 24 e 25
23 sep 2022
A parroquia de Piñeira, situada no concello de Taboada, está en festas ara o día 25 de setembro.
Hoxe día 23 celebrarán unha pulpada e unha churrascada que estará amenizada pola orquestra Trébol.
Maña sábado 24 haberá pasarrúas e misa solemne ás 13.30 horas con posterior sesión vermú a cargo da charanga Unión Phenosa. Pola tarde, os asistentes poderán desfrutar dunha festa infantil que terá lugar de 17.00 a 20.00 horas con inchables e merenda gratis e xa pola noite, a festa e a verbena estarán amenizadas de novo por Unión Phenosa.
Para o domingo día 25 está previsto de novo un pasarrúas, misa solemne ás 13.30 horas con posterior sesión vermú amenizada por Os Chafalleiros.