Piden aos veciños de Quiroga que fagan un uso responsable da auga durante os meses de verán
O goberno local de Quiroga fai "un chamamento á responsabilidade" con respecto do uso da auga que deben facer os veciños e veciñas do municipio durante os meses de verán, xa que "a época estival é unha época de escaseza de auga", explican.
Por todo isto, din que "é importante que todos colaboremos para facer un uso responsable deste recurso" e piden que os cidadáns eviten encher piscinas e que reduzan o "consumo de auga en xeral na medida do posible".
Ademais, no Regulamento do Auga do Concello de Quiroga establécese que no caso de seca, catástrofes ou accidentes graves nas instalacións de captación, tratamento ou distribución de auga, o servizo poderá establecer condicións e prioridades no uso da auga potable.
Con respecto a outro tema, desde o organismo tamén informan sobre a aparición de varios niños de vespa velutina, polo que piden aos veciños que no caso de atoparse cun deles, avisen o máis cedo posible.