'Petiscos de Nadal' hoxe na praza de Riazón en Taboada

RibeiraSacraXa
Durante el día de hoy se celebra en Taboada el primer mercado de Navidad de la Ribeira Sacra 'Petiscos de Nadal'.
petiscos nadal taboada
18 Dec 2021

Durante o día de hoxe estase a celebrar o primeiro Mercado de Nadal da Ribeira Sacra Petiscos de Nadal na praza Riazón de Taboada.

Máis dunha ducia de postos onde os veciños poderán atopar produtos artesáns e gastronómicos como o coiro, o viño, o mel, o aceite ou as galletas.

A xornada dará comezo ás 12.00 horas coa inauguración e a apertura do mercado onde os postos comezarán a despachar aos clientes. Media hora máis tarde, haberá unha monocata con Arantxa Treus e Isabel Lozano. Ás 15:30 Elías González ofrecerá unha demostración da alfarería tradicional de Gundivós. Ás 16:30 horas comezarán as actividades para os máis pequenos cun obradoiro de repostería que continuará cun contacontos ás 17.30 horas. Para finalizar esta celebración Airiños da Freba dará un concerto cheo de tradición e ilusión.

Esta cita é una oportunidade de promover e dar a coñecer produtos da zona dando valor á Ribeira Sacra. É a ocasión perfecta para adiantar os agasallos do Nadal apoiando aos negocios de proximidade.

PETISCOS DE NADAL
Este mercado será unha oportunidade para os veciños de mercar como agasallo de Nadal un produto de calidade que axude a visualizar e poñer en valor o autóctono, xerando un efecto dinamizador no comercio de proximidade. Esta iniciativa está organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada que está a traballar pola promoción e difusión dos negocios da zona.

petiscos nadal taboada

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20128107070923