Pantón acolle diversas actividades teatrais, culturais e musicais durante o verán
O Concello de Pantón organiza unha serie de actividades como parte da súa programación de verán para o desfrute de todos os veciños e veciñas que comezou o pasado 5 de xullo coa obra ‘Diógenes 23’ con Lila Teatro e seguiu con Paty Lesta & The Hits o 12 de xullo.
As seguintes actividades programadas para este mes de xullo continúan o 19 de xullo coa actuación de Iria Estévez ‘De Amalia a Chavela’ que terá lugar na praza do Concello ás 23.00 horas; así o 20 de xullo tamén haberá teatro con A Utópica Rodante ‘Teatro ó cubo’ e ‘De vilatriste a Vilalegre’ ás 22.30 horas; mentres o 23 de xullo será a Compañía Garabullos a que representará ‘Pirula e o misterio das abellas’ ás 11.30 horas no edificio sociocultural; e o 24 será a quenda de Roi Casal, que levará a súa Xira Ambos Mundos á praza do Concello ás 23.00 horas.
Pola súa parte, en agosto tamén haberá actividades, comezando o día 2 con Carmen Domech, que levará ‘Onde viven os monstros’ ao edificio sociocultural ás 11.30 horas. Xa o 9 de agosto terá lugar ‘Patrón’, o monólogo de Alberte Mentes ás 22.00 horas na praza do Concello; o 14 de agosto Juste Kamoshibai, papel e teatro – Mónica Bastón Paz traen ‘Non hai cousas de neno e de nena, só persoas’ ao edificio sociocultural ás 11.30 horas; e rematarán as actividades o 23 de agosto coa actuación de Xograres de Lemos ‘Música de baile’ ás 22.00 horas na praza do Concello.