Os veciños da Pobra do Brollón poderán desbotar os seus residuos grazas a un servizo de recollida domiciliaria
O Concello da Pobra do Brollón levará a cabo un servizo extraordinario e gratuíto de recollida domiciliaria de residuos polas parroquias a partir do 13 de abril.
Despois dende o mesmo Concello, poñeranse en contacto cos veciños para indicarlles a data e hora aproximada a fin de que poidan depositar os residuos fóra para a súa recollida.
Neste servizo non se recollen escombros de obras domiciliarias, nin residuos considerados perigosos segundo a normativa vixente en residuos.
Recóllense mobles, electrodomésticos, aparellos eléctricos e electrónicos e outros residuos voluminosos que polo seu tamaño non poden ser depositados nos colectores urbanos.
Para solicitar a recollida deben chamar ao teléfono 982 430 001 de luns a venres de 9:00 a 13:00, indicando o nome, teléfono, enderezo, cantidade e natureza dos refugallos a recoller.