Os socialistas pedirán no Parlamento galego que a Xunta arranxe dúas vías en Monforte

RibeiraSacraXa
A rúa Chantada e a rúa Morín son da súa titularidade e, segundo o PSOE, presentan un estado "deteriorado"
lara-mendez-parlamento-xunta
11 Jul 2024

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta Unha proposición non de lei para o seu debate en Comisión na que insta a Xunta de Galicia a arranxar, coa maior urxencia posible, a rúa Chantada e a rúa Morín de Monforte.

O pasado 29 de abril celebrábase un Pleno ordinario no Concello de Monforte, onde se debatía unha proposta presentada polo Grupo Municipal Socialista. Dita proposta foi aprobada por unanimidade.

Os socialistas explican que desde o Concello arranxaron unha estrada provincial coa colaboración co ente provincial, estrada que une San Xoan de Tor con Fiolleda, rematando con esta actuación o arranxo de todas as estradas provinciais situadas no termo municipal de Monforte de Lemos.

Mentres, na Xunta de Galicia "non son quen de arranxar un par de travesías da súa titularidade, que compren a función de estrada e de rúa o mesmo tempo, como e o caso da rúa Chantada e da rúa Morín principalmente".

A rúa Chantada, que ten o seu inicio no cruce da rúa Cardeal coa avenida de Galicia onde está instalado o quilómetro cero, ten o seu asfalto moi deteriorado en varios puntos, explican, "xerando algunha fochanca e tendo gretado o asfalto noutras partes do pavimento, e require tamén dunha renovación de sinalización horizontal alo menos dende o cruce do Cardeal á rotonda do Hórreo, aínda que requiriría dun proxecto de desdobramento entre a rotonda do Hórreo e a rotonda do Salón do moble, onde conecta as vías de alta capacidade de Lugo e de Santiago".

Polo que respecta a rúa Morín, "ten incluso o firme máis deteriorado con fochancas e blandóns así como as beirarrúas en mal estado, sendo a titularidade da Xunta de Galicia dende a liña dos edificios de ámbalas marxes desta estada, polo que sería necesario o seu arranxo dende o cruce coa rúa San Pedro ata o final da recta de Ribasaltas".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1773521900177