Os socialistas de Pantón denuncian que só haberá un médico ao longo do verán
Denuncian a pasividade do alcalde e de todo o Goberno do PP “que son incapaces de mover un só dedo para solventar a carencia de médicos que padece a veciñanza”, tras rescindir o contrato do terceiro médico.
Os Socialistas de Pantón denuncian a pasividade do alcalde e de todo o Goberno do PP “que son incapaces de mover un só dedo para solventar a carencia de médicos que padece a veciñanza”. Advirten que rescindiron o contrato do terceiro médico que atendía as consultas.
“Agora vemos que coa chegada do verán a poboación multiplicase no noso concello e só hai dous médicos para atender as consultas, que teñen que desfrutar das súas vacacións, polo tanto toda a poboación só estará atendida por un só medico para todo o Concello”, explican.
Por iso, dende o PSdeG de Pantón denuncian novamente os compromisos incumpridos do alcalde e do PP coa nosa vila. “Aseguraron que se ía cubrir a terceira praza médica no centro de saúde, e a realidade é que a día de hoxe só vamos a ter un médico para atender a toda poboación e aos visitantes”, replican.
Tal e como sinalan os propios facultativos actualmente están atendendo unha media diaria de 60 pacientes, con 2 ou 3 saídas en cada xornada e cada unha delas cunha media de duración de 45 minutos. “Polo tanto a veciñanza de Pantón segue sen ter os tres médicos comprometidos polo PP, e segue sen completamente esquecido polo goberno da Xunta”.
“Dende a Agrupación Socialista de Pantón defendemos unhos servicios públicos de calidade, no ensino, na educación, na sanidade, ou nos servicios sociais. Queremos que a nosa veciñanza teña as mesmas oportunidades que calquera veciño ou veciña que viva noutro concello da provincia. Por iso seguiremos denunciando as carencias sanitarias da nosa vila, non imos quedarnos de brazos cruzados mentres seguen co desmantelamento do noso Concello”, din.