Os Premios de Animación á Lectura María Moliner volven premiar á Biblioteca Municipal de Sober

RibeiraSacraXa
Os Premios de Animación á Lectura María Moliner volven premiar á Biblioteca Municipal de Sober desde 2018 ininterrumpidamente
merendas Sober
13 Jul 2023

A Biblioteca Municipal do Concello de Sober volve recibir un dos Premios de Animación á Lectura María Moliner para municipios menores de 50.000 habitantes que concede o Ministerio de Cultura e Deporte.

A distinción foille outorgada polo programa denominado ‘Sober coa lectura’ que comprende actividades para nenos e adultos e o premio conleva unha subvención en metálico de preto de 3.000 euros para a compra de libros e publicacións periódicas.

Así, o recoñecemento inclúe as actividades que se fan nas Merendas con Contos, no Club de lectura e no Faladoiro dos luns, polos que leva recibindo este galardón de xeito consecutivo desde o ano 2018.

0.1604630947113