Os organizadores do Quiroga Trail Challenge organizan unha andaina solidaria

RibeiraSacraXa
Terá lugar este sábado, 26 de outubro, ás 10.00 horas con saída desde A Seara
Quiroga-Trail-Challenge-12
25 Out 2024

No marco do Quiroga Trail Challenge, os organizadores de dita proba organizan unha andaina solidaria baixo o nome de ‘Terriña Salvaxe Cruz de Outeiro’ para este sábado, 26 de outubro.

Desta maneira, a saída será ás 10.00 horas na Seara e as persoas interesadas en participar poderán facelo sen inscribirse, percorrendo unha distancia de arredor de 8 km.

Esta andaina solidaria terá como obxectivo recaudar fondos para Terriña Salvaxe e ao remate da andaina haberá un peto para contribuir a vontade.

0.16066718101501