Os organizadores do Quiroga Trail Challenge din que "foi todo un éxito"

RibeiraSacraXa
Os organizadores do Quiroga Trail Challenge din que "foi todo un éxito"
Quiroga Trail Challenge 5
8 Feb 2023

Os organizadores do Quiroga Trail Challenge resaltaron o "éxito total" desta IX edición celebrada a pasada fin de semana, 4 e 5 de febreiro.

Comentaron que o tempo acompañou, porque a pesar das temperaturas frías, os corredores puideron desfrutar de sol acompañados de acompañantes, voluntarios e a organización nuns días "cheos de nervios, ganas e, sobre todo, emocións intensas".

"Estamos infinitamente agradecidos polo labor desempeñada polos 140 voluntarios ao longo da fin de semana, ademais de todo o seu traballo previo. Sen eles, isto non sería posible", expresaron emocionados Blas Rodríguez e José Manuel Rodríguez.

Coas emocións aínda a flor de pel, a organización e os concellos de Quiroga e Ribas de Sil agradecen unha vez máis a confianza depositada e toman nota de todo o que se poida mellorar pensando xa na próxima edición: o X Quiroga Trail Challenge.

Resultados das carreiras do sábado

Nos distintos percorridos do sábado houbo diversos gañadores.

Ás 8.00 am, con temperaturas moi baixas e carreiros xeados tomaron a saída os valentes da distancia reina, laUltra. Tras 7h 9’ cruzou en primeiro lugar a meta o corredor Rubén Diéguez. En mulleres a gañadora foi a madrileña Carla Junquera, cun tempo de 10h11’. Seguíronlles nos segundos postos o cantábro Fidel Fernández Varela (7h33’) e a vasca Silvia Trigueros (10h 25’). O terceiro caixón ocupárono José M. Gil Bernárdez (7h37’) e Vanesa Pérez Castelao (10h 45’).

En canto á clasificación da maratón fixéronse cos primeiros postos o valisoletano Santiago Mezquita e a portuguesa Lucinda Sousa, con tempos de 5h 3’ e 6h 4’, respectivamente. Os segundos clasificados foron Marcos Rey Campelo (5h 22’) e a mallorquina Angels Llobera (6h 12’). E, no terceiro posto Jorge Rente López (5h 25’) e Rosa M.a Araujo (7h 25’),respectivamente.

Dentro da distancia trail repartíronse o podium masculino entre Carlos Pernas (2h 25’), Bruno Cardamas (2h 29’) e Javier Janeiro (2h 30’). No sector feminino subíronse Alba Rey (3h 01’), Laura Álvarez (3h 03’) e Patricia Noya (3h 11’).

Finalmente, na distancia minitrail completáronse os podios da seguinte maneira: Anxo Cid (1h 36’), no primeiro posto, Cristopher Fernández (1h 37’), no segundo e David Esteban (1h 40’), no terceiro posto masculino. O podio feminino completouse nesta orde: Beatriz Álvarez (2h 06’), Vanesa Mella (2h 15’) e Benigna Toirán (2h 18’).

Resultados do domingo

O domingo continuou a festa do trail gallego coa segunda etapa deste evento deportivo que transcurriu por territorio Lor, gran descoñecido dentro do Xeoparque Montañas do Courel, por onde transcurre a proba.

Ao podio masculino do minitrail subíronse Nicolás Besoy, Christopher Fernández e Eloy Martínez, en primeiro posto, segundo e terceiro respectivamente. En mulleres as gañadoras foron Beatriz Álvarez, Cristina Rodríguez e Aida Cadrado, nesa orde. Na distancia trail os gañadores foron David Rodríguez, Ramón Roselló e Álvaro González, respectivamente. As tres primeiras mulleres foron Lucinda Sousa, Esther Márquez e Patry Noya.

En canto aos circuítos, os gañadores do minitrail foron Christopher Fernández e Beatriz Álvarez; no circuíto trail, Javier Janeiro e Patry Noya; en distancia circuíto maratón, Eduardo Fabeiro e a portuguesa Lucinda Sousa. Finalmente, no circuíto ultra repetiu vitoria José M. Gil e Silvia Trigueros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18595194816589