Os martes e xoves haberá clase de ioga en Carballedo

RibeiraSacraXa
O Concello de Carballedo vén de anunciar que a partir do vindeiro martes, 3 de outubro, comezarán as clases de ioga para as persoas empadroadas no Concello que necesiten ou queiran participar deste exercicio deportivo.
Ioga Sober
29 sep 2023

Desta maneira, todos os martes e xoves de 18.15 a 19.30 horas, as persoas que se inscriban poderán participar desta actividade levando unha colchoneta, unha manta e roupa cómoda para poder desenvolver os exercicios.

O ioga é unha práctica saudable que, segundo os que a practican, contribúe a conseguir un equilibrio entre a mente e o corpo.

0.21496796607971