Os centros educativos e unha asociación privada de Monforte achegarán o teatro á vila

RibeiraSacraXa
Seis centros educativos y una asociación privada participarán en el XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de enseñanza de Monforte
concurso recitado poesia manuel maria6
30 Mar 2022

O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, contará coa participación de 6 centros educativos así como unha asociación invitada.

Deste xeito, no Certame representaranse 7 obras de teatro, do 26 de abril ó 12 de maio de 2022.

Todas as pezas escenificaranse ás 8 da tarde no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, e seguindo a normativa sanitaria que haxa no momento da realización das representacións.

Participantes no XXIX Certame Municipal de Teatro

  • CEE Infanta Elena, coa obra “Los sueños de Cloti”, o mércores 27 abril de 2022.
  • Colexio Ferroviario, coa obra “A estatua”, que se representará o martes 29 abril de 2022.
  • CEIP A Gándara, coa obra “O testamento do tío Nacho”, o venres 6 de maio de 2022. - CEIP de Monforte, coa obra “Vida e cores”, o luns 9 maio de 2022.
  • IES Río Cabe, coa obra “O soño do Novelo nunha noite de verán”, o martes 10 maio de 2022.
  • IES A Pinguela, coa obra “A rateira”, o mércores 11 maio de 2022.
  • Prodeme (asociación convidada), coa obra “Néboa no bigote”, o xoves 12 de maio.

Colaboración do Concello de Monforte co Certame
O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros.

Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 18 de maio ás 18:00 h.

0.20306706428528