Ribas de Sil acollerá un obradoiro de dixitalización de negocios este xoves
Ribas de Sil acolle a chegada dunha oficina móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, o vindeiro xoves 19 de outubro.
Os autónomos ou propietarios dunha Peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio contarán co asesoramento dos dinamizadores dixitais.
Así, os interesados poderán programar as citas presenciais ou telemáticas que precisen para unha consulta individualizada. Entre os servizos do programa atópanse o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización e o soporte e asesoramento á empresa.
Ademais, dentro do programa tamén se ofrecen servizos de consultoría en marketing dixital, acompañamento na solicitude do Kit Dixital e apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.