Organízase unha ruta nocturna polo Courel o vindeiro 17 de agosto

RibeiraSacraXa
Nesta ruta, que será de Órreos a Visuña, as persoas participantes percorrerán 7,1 quilómetros cunha pendente aproximada dun 10 %
Coureleando
30 Xul 2024

A Asociación Cultural Fonte do Milagro organiza unha ruta nocturna no Courel o vindeiro 17 de agosto.

Nesta ruta, que será de Órreos a Visuña, as persoas participantes percorrerán 7,1 quilómetros cunha pendente aproximada dun 10 % e cunha dificultade media-baixa durante tres horas.

Dita ruta foi elaborada por Guillermo Díaz Aira, técnico deportivo en Media Montaña, de Coureleando, e nela farase unha parada para tomar un aperitivo e un café.

0.16449403762817