O XXIII Festival de Habaneras de Monforte celébrase este sábado

RibeiraSacraXa
A praza de España acolle este sábado 7 de setembro ás 21.00 horas a celebración dunha das citas clásica do verán musical monfortino
Coral-Polifónica-Monforte
4 Sep 2024

O Concello de Monforte, dentro do programa do Verán Cultural, celebra o Festival de Habaneras Concello de Monforte de Lemos, que este ano alcanza a súa 23ª edición.

Así, a praza de España acolle este sábado 7 de setembro ás 21.00 horas a celebración dunha das citas clásica do verán musical monfortino, o Festival de Habaneras, que está organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do Plan Deputación 2024 de Cooperación cos Concellos.

O Festival de Habaneras alcanza as 23 edicións avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames.

O cartel deste ano está conformado por dúas corais de contrastado prestixio, ás que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte: a Coral Polifónica Albricias de Maceda (Ourense) e o Coro de Voces Graves Los Templarios de Castro Urdiales (Cantabria).

A Coral Polifónica Albricias nace en Maceda no verán de 1986, cando un grupo de veciños desexan realzalos actos celebrados na honra da súa Patroa a Virxe das Neves.

O Coro de Voces Graves Os Templarios nace como asociación cultural de Voces Graves en 1989 en Castro Urdiales (Cantabria), para conservar e difundir o repertorio de obras compostas para voces masculinas e manter a vocación coral tan arraigada da súa contorna.

A Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas. O seu repertorio inclúe música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas… Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional.

Programa do XXIII Festival de Habaneras de Monforte

Coral Polifónica Albricias de Maceda

  • Una Lágrima: F-A Rey Rivero
  • Casiñas Brancas: Habanera Popular
  • En el fondo del mar: Habanera Popular
  • Meu amor e mariñeiro: M. Xosé L. Rivas
  • Anduriña: arranxo Angel Viro

Coro de Voces Graves Los Templarios de Castro Urdiales

  • Feliz rincón: Nicolás Torre
  • El menú: Miguel Arregui, Karl Zollnër
  • Boga boga: Jesús Guridi
  • Con aire: Lucio Lázaro
  • Viento del norte: Hermanos Agüero

Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos

  • Paloma Mensajera: José Ruiz Gasch
  • Bésame Mucho: Consuelo Velázquez, arranxo José Blasco
  • Amalia Rosa: Celestino Carrasco, arranxo Fernando Menéndez Viejo
  • Torrevieja de mis amores: Manuel Díaz Cano
  • Habanera “Don Gil de Alcalá”: Manuel Penella
0.16965293884277