O XXII Simposio sobre a ensinanza da xeoloxía acolle a máis de 170 participantes

RibeiraSacraXa
O simposio está dirixido ao profesorado deste sector, tanto do ámbito universitario como do ensino medio
simposio-Xeoloxía-Quiroga
simposio-Xeoloxía-Quiroga
9 Xul 2024

Máis de 170 persoas participan no XXII Simposio sobre a ensinanza da xeoloxía, organizado pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra (AEPECT), e que se desenvolverá ata o sábado día 13 no xeoparque Montañas do Courel.

O simposio está dirixido ao profesorado deste sector, tanto do ámbito universitario como do ensino medio. Na organización destas xornadas, que inauguraron o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, e o presidente do Xeoparque, Roberto Castro, colaboran o Xeoparque, o Grupo de Desenvolvemento Local Ribeira Sacra-Courel, a Deputación, a Xunta, as tres universidades galegas e a Universidade de Salamanca.

Os participantes teñen por diante días de conferencias, charlas, coloquios, mesas redondas e talleres; pero tamén saídas de campo como as programadas ao pregamento de Campodola Leixazós, a cunca de Monforte, os Karst das Montañas do Courel ou ao Canón do Río Sil. Tamén poderán visitar os museos de Quiroga e o observatorio de Pena Trevinca e degustar os sabores das rochas do Xeoparque.

0.14301013946533