O Xeoparque Montañas do Courel acolleu a visita de profesores da Universidade de East Sarajevo e a de Vigo

RibeiraSacraXa
O Xeoparque Montañas do Courel acolleu a visita de profesores da Universidade de East Sarajevo e a de Vigo no proxecto Erasmus
Profesores de Bosnia do Xeoparque Montañas do Courel
6 Xul 2023

Varios profesores da Universidade de East Sarajevo (Bosnia-Herzegovina) e da Universidade de Vigo que colaboran conxuntamente no proxecto Erasmus + visitaron o Xeoparque Montañas do Courel.

A visita ao territorio comezou no Museo Xeolóxico, onde foron recibidos polo alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, que os acompañou nunha xornada na que visitaron os museos de Quiroga, o museo da interpretación da minería romana de Ribas de Sil e tiveron contacto co mundo do aceite.

Ademais, visitaron a parte oriental do Xeoparque con paradas na alvariza de Bustelo de Fisteus, no punto de observación da Seara e na Fervenza de Vieiros.

Con esta visita, o Xeoparque Montañas do Courel tratou de amosarse a estes profesores universitarios da rama de ciencias ambientais as liñas nas que se está traballando encamiñadas ao desenvolvemento territorial sostible en espazos protexidos.

0.06852388381958