O Xeoparque Montañas do Courel acolle esta fin de semana dúas actividades para coñecer os barrancos de Regueiro Seco e do Inferno

RibeiraSacraXa
As actividades programadas para esta fin de semana son o descenso ós barrancos de Regueiro Seco e do Inferno no municipio de Folgoso do Courel
barranco-folgoso-do-courel2
Barranco Regueiro Seco
28 Nov 2024

O 30 de novembro  e o 1 de decembro terá lugar unha actividade na que os participantes poderán realizar o descenso dos  barrancos de Regueiro Seco e do Inferno no municipio de Folgoso do Courel, grazas á participación do guía de montaña, Jose Gutiérrez.

As actividades programadas para esta fin de semana son o descenso ós barrancos de Regueiro Seco e do Inferno no municipio de Folgoso do Courel

O descenso ó Barranco Regueiro Seco, que pertence ó Xeoparque Montañas do Courel, supón unha pequena xoia no corazón das Montañas do Courel. O descenso caracterízase por unha marcada verticalidade. Varias fervenzas sucédense con alturas próximas ós 30 metros salvando un desnivel de 250 metros nun percorrido de 750. Como punto débil deste descenso, cabe sinalar que a parte superior atópase algo degradada polas sucesivas obras na estrada que accede o Alto do Boi.

O duración aproximada da actividade é de catro horas e a distancia a percorrer é de 2.000 metros, cun desnivel positivo de 140 metros nun tempo aproximado de 30 ou 40 minutos.

Para o descenso a distancia é de 710 metros, cun desnivel negativo de 250 metros nunha duración de 3 horas e a volta realízase percorrendo unha distancia de 650 metros cun desnivel positivo de 235 metros e negativo de 160 metros nun tempo aproximado de 20 minutos. O número de descensos con corda a realizar son 7 e o máis longo mide 32 metros.

Con respecto ó Barranco Inferno, é breve e de fácil percorrido. Integran o seu descenso seis dificultades equipadas. A primeira é unha rampla que remata nunha zona cega en cuxa recepción hai unha poza, ven a continuación un R13 partido en dous chanzos e na recepción deste descenso con corda existe un escape á dereita que conduce a uns edificios en ruínas, un lugar coñecido como Cabanas das Campiñas. Dende ese punto xa so separan do final do descenso dous pequenos resaltes de menor entidade.

Este barranco tamén ten unha duración aproximada de catro horas. Primeiro deberase percorrer unha distancia duns 50 metros con desniveis positivos e negativos e o descenso abrangue 550 metros, cun desnivel negativo de 135 metros e unha duración dunhas tres horas.

Para o retorno a distancia a percorrer será de 900 metros, tamén con desniveis positivos e negativos, a realizar nun tempo aproximado de 45 minutos (con tramos de trepadas delicadas e algo expostas). O número de descensos con corda é de 6 e o máis longo ten unha lonxitude de 15 metros.

0.13646388053894