O vindeiro mercores terá lugar unha actividade sobre educación emocional e sexual en Carballedo

RibeiraSacraXa
O vindeiro mercores terá lugar unha actividade sobre educación emocional e sexual en Carballedo para pais e nais
Carballedo
8 Abr 2023

O Concello de Carballedo organiza unha actividade sobre educación emocional e sexual na familia impartida por un profesional do Centro Quérote+ de Lugo.

En colaboración coa Rede de Centros Quérote+ da Consellería de Política Social e de Xuventude, terá lugar o vindeiro mércores, 12 de abril, entre as 17.00 e as 18.30 horas.

Terá lugar na sala das Oficinas Municipais (A Barrela) e está dirixido a familias con menores a cargo.

A finalidade desta iniciativa é crear un espazo onde poder falar das dúbidas e preocupacións que lle xurdan ás familias sobre como educar aos seus fillos e fillas neste ámbito e así dotalas de coñecementos básicos na súa educación emocional e sexual.

0.11533498764038