O vindeiro 3 de agosto terá lugar a X Carreira Popular Concello do Saviñao

RibeiraSacraXa
A data límite para apuntarse é o 1 de agosto a través do correo deportes@concellodosaviñao.com
carreira-o-saviñao
30 Xul 2024

O Concello do Saviñao organiza a X Carreira Popular Concello do Saviñao o vindeiro 3 de agosto, sábado.

A data límite para apuntarse é o 1 de agosto a través do correo deportes@concellodosaviñao.com ou nos teléfonos 622 028 518 e 982 452 061 de forma gratuíta.

As categorías serán chupetines, nados do 2018 cara adiante; os prebenxamín, nados entre o 2017 e 2016; benxamín, nados entre o 2015 e o 2014; o alevín, nados entre 2013 e 2012; o infantil, nados entre 2011 e 2010; o cadete, entre 2009 e 2008; e absoluta, entre 2007 e anteriores.

0.19054579734802